Inglés

«

»

May 03

MAIO: MES DAS LETRAS GALEGAS

Ola a todos,

este mes de maio é o mes do idioma galego, xa que o vindeiro día 17 celebraremos o Día das Letras Galegas, adicado este ano á figura de Carlos Casares.

Os alumnos de 5º están empezando a traballar sobre esta celebración e sobre o homenaxeado. No seu corredor xa dispoñen dunha exposición sobre a vida e obra de Casares y ademais cada día leeremos un conto do seu libro “A Galiña Azul”.

Conforme se achegue a data da celebración realizaremos  mais actividades, terémovos informados!